sábado, 29 de septiembre de 2012

O PORTALEN

Portalén no monte Seixo, Portalén no mes de Novembro.
Ata alí subían, e nalgún caso ata suben hoxe en día, as xentiñas de toda a comarca pra lle facer unha ofrenda os mortos.
Un pouco de pan, un pouco de viño, augardente branca que lles gusta dabondo os cráneos do ultramundo, ou senon namais que unha vela acesa.
Unha vez atravesada a pétrea porta deixaban dita ofrenda e lle preguntaban aos mortos aquelo que desexaban coñecer.
A resporta facíase presente ca modulación do vento que batía nas rochas.
Resposta de vento, resposta de aire, resposta de morto.
Ó regresar disque sempre na contraria dirección, a dirección axeitada pra ditas accións pois corríase o risco de ficar engaiolado no mundo dos mortos...
Nunca confesar os segredos do mais aló...

Recreación de tales hechos sobre pétrea matriz.
Previo paso al estampado.
Ejercicio de memorística y recreación a distancia.

No hay comentarios: